lunes, 11 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

 O 23 de abril festexase o Día do Libro, e no cole unha das actividades propostas para iso, é que durante esta semana, cada neno/a e cada profe/a, traerá ao cole un libro propio, para o día 15 facer un INTERCAMBIO DE LIBROS, un troco, co que cada un se desprenderá dunha obra propia, e se levará outra obra.
Tanto en infantil coma en primaria temos unhas seccións coas exposicións dos libros que imos levando ao cole, xa vos ensinaremos como van quedando tanto as exposicións coma os nosos momentos de intercambio literario.
Por certo, por se hai alguén despistado, aproveitamos para lembrar que se festexa o día 23 de abril por coincidir coa data da morte de dous grandísimos escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega, en 1616.


A obra máis coñecida de Cervantes

A obra máis coñecida de William Shakespeare

No hay comentarios:

Publicar un comentario