martes, 12 de abril de 2011

CAL É O MEU LIBRO FAVORITO?

Imos facer para a nosa biblioteca un Libro Xigante Cooperativo, no que se amosen as ilustracións e títulos dos nosos libros favoritos.
As páxinas dese libro serán cartulinas grandes de cores, e cada clase utilizará tantas como precise. Nelas iránse pegando os debuxos e textos relativos aos libros favoritos de cada neno ou nena.
Poden incluirse fotos grupais, fotos individuais con bocadillos de texto, os debuxos cos títulos recortados e pegados facendo formas... o caso é que cando o libro esté montado, nos dé esa sensación de libro cooperativo no que se reflicta a información que nos interesa, saber cales son esas obras que máis calaron en nós. Os mestr@s tamén podemos participar!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario