Este curso comezamos a adentrarnos no mundo dos PDI. O tema escollido é A VOLTA AO MUNDO, e con este nome, xa podedes deducir que pescudaremos sobre os países.
Aínda estamos no comezo... pero isto promete!!!!!
Seguídenos a pista a miúdo porque aquí haberá unha morea de actualizacións relativas ás nosas actividades dende a biblioteca.
Hoxe, por exemplo, para ir controlando sobre que países vai traballar cada clase, se xa o teñen decidido ou non... coa axuda de Rigodón e Willy Fogg, e esta nota, seguro que xa cada clase ten moito máis claro como comezar co seu proxecto. Vós que credes?
No hay comentarios:
Publicar un comentario