Ao longo deste curso fixeron dúas animacións por aula, sobre a temática dos cabaleiros e das princesas.
Aquí vos amosamos un par de exemplos:
Neste podedes ver a historia contada a través dun kamishibai...
Pero cada día nos sorprenden cunha gran idea de animación lectora. E... se non o credes, mirade como nos contaron a historia do Cid. Un paraugas contacontos!!! Sen dúbida, unha idea xenial!
Ademais organizaron un concurso de marcapáxinas adicado á figura de Federico Maciñeira que tivo un grande éxito, non só pola participación, senón tamén pola calidade dos traballos. Agora pódense ver expostos todos os traballos na biblioteca municipal. Achegádevos a velos!
Podedes seguir as súas actividades a través do seu blogue
No hay comentarios:
Publicar un comentario